Wednesday 01 de May de 2024

O Concello de Brión organiza un curso de Manipulador de Produtos Fitosanitarios


O Concello de Brión organiza un curso para a obtención do carné de manipulador de produtos fitosanitarios, necesario para agricultores, persoal de explotacións agrícolas e, en xeral, todas aquelas persoas que apliquen produtos fitosanitarios. O curso ten unha duración de 25 horas e un custe de 60 euros.

As inscricións poderán realizarse na Casa da Cultura, a través do teléfono 981 50 99 08 ou do mail voluntariado@briondixital.org, ata o 26 de febreiro. Será preciso un mínimo de 30 persoas para a realización do curso, tendo preferencia os veciños e veciñas de Brión.

As clases terán lugar no centro social polivalente de Pedrouzos os luns, mércores e venres do 14 ao 23 de marzo, en horario de 16:30 a 21:30 horas. O exame realizarase o último día do curso, mércores 23 de marzo.